Recepción con IA para hoteis, casas rurais e pensións
Ninguén colle o teléfono do teu hotel ás 23:07.
Ela si.
Benvida atende todas as chamadas, día e noite, en máis de 70 idiomas. Responde dúbidas, toma reservas e avísate ao momento. Como unha recepcionista máis, que nunca ten libranza.
Sen permanencia · Activa en 2 minutos · Sen cambiar de número · Garantía do primeiro mes
Reserva recollida
Aviso enviado ao hotel
O problema
Cada chamada perdida é unha reserva que marcha para Booking.
Fóra de horario, en tempada alta ou no medio dun check-in, o teléfono soa e ninguén o colle. O hóspede non deixa mensaxe. Reserva noutro sitio, ou no teu propio hotel pagando comisión.
15–18 %é a comisión que Booking queda de cada reserva que puido entrar polo teléfono, sen comisión.

Como funciona
Actívase en dous minutos. Sen instalar nada.
Segues co teu número de sempre. Só decides cando contesta ela.
Cóntanos como é o teu hotel
Un formulario de dous minutos: horarios, idiomas, as preguntas máis frecuentes. Se tes web, Benvida lea e aprende soa.
Desvía o teléfono
Un código da túa operadora: *61* para que conteste ela cando ninguén colle en 20 segundos, ou *21* para contestar sempre.
Recibe reservas e avisos
Cada chamada chégache resumida por WhatsApp ou email, cos datos da reserva listos para confirmar. Se o hóspede pide unha persoa, pásache a chamada.
Que fai
Todo o que faría a túa mellor recepcionista. A calquera hora.
Contesta sempre
Ao primeiro ton, sen esperas, aínda con dez chamadas á vez en agosto.
Fala o idioma do hóspede
Detecta o idioma na primeira frase e cambia soa. Máis de 70 idiomas.
Toma reservas completas
Datas, persoas, tipo de cuarto, teléfono e email. Repite para confirmar e envíacha ao momento.
Responde as preguntas de sempre
Aparcadoiro, almorzo, mascotas, chegada tardía, como chegar. Coas túas respostas, non as súas.
Pasa a unha persoa
Se o hóspede o pide, se hai unha queixa ou un problema no cuarto, transfire a chamada.
Déixao todo por escrito
Resumo, transcrición e gravación de cada chamada.
Prezos
Menos que unha noite de recepcionista. Ao mes.
Desde 99 € ao mes. Os primeiros 14 días son gratis en calquera plan. Sen permanencia.
Para aloxamentos pequenos onde de día contesta alguén.
- Contesta cando ninguén colle
- 300 minutos ao mes
- Avisos por WhatsApp e email
Ela contesta sempre e pásache a chamada cando fai falta.
- Contesta todas as chamadas
- 900 minutos ao mes
- Transferencia a unha persoa
- Gravacións
Para aloxamentos sen recepción ou sen quenda de noite.
- Recepción telefónica completa
- 2.500 minutos ao mes
- Integración co teu PMS
Minutos extra a 0,25 €. Prezos sen IVE. Garantía: se no primeiro mes de pago non rexistra ningunha reserva, devolvémosche a cota.
Empeza hoxe
Esta noite, que conteste ela.
Enche o formulario de dous minutos e mañá o teu aloxamento atende todas as chamadas. 14 días gratis. Cancela cando queiras.
Pedimos unha tarxeta para activar a proba. Non se cobra nada ata o día 15 e podes cancelar antes nun clic. Formulario e soporte en galego e castelán.